Futurismo (música)
O futurismo musical foi unha corrente musical xurdida en Italia a principios do século XX. A vertente musical do futurismo rexeitaba a tradición e intruducía elementos sonoros novos. Esta corrente influíu en moitos compositores posteriores.
Historia
[editar | editar a fonte]O futurismo, creado polo artista e escritor Filippo Tommaso Marinetti en 1909 atraeu principalmente a pintores, escultores e escritores, mais tamén a tiña interese en promocionar a música futurista, polo que Marinetti animou ao compositor Francesco Balilla Pratella a traballar nesta dirección. Froito disto, en 1910 Pratella editou o seu Manifesto dos músicos futuristas que abogaba polo emprego de escalas microtonais e de combinacións polirrítmicas, así como pola introdución na música do espírito da "multitude, de grandes fábricas, de trens, de liñas transatlánticas, de combates navais, de coches e de avións".
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |